Venres, 10 de setembro de 2010 | 10:58

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Dosieres

O INFORME COINCIDE CO EMITIDO ANTERIORMENTE POLO CAA

Varias canles violaron dereitos fundamentais dos menores

[27/03/2009] O Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) dirixiuse ó Ministerio de Industria para lle informar que a 1 de Televisión Española (TVE), Telecinco e Antena 3 vulneraron dereitos fundamentais dos menores na información sobre o caso da menor desaparecida o 24 de xaneiro en Sevilla, M.C.

O tratamento que os medios de comunicación fixeron dos menores implicados neste caso foi unha violación constante dos seus dereitos.

O tratamento que os medios de comunicación fixeron dos menores implicados neste caso foi unha violación constante dos seus dereitos.

Varios dos menores foron entrevistados en plató ou ante as cámaras sen disimular a súa aparencia e vulnerando dereitos como o de protección da honra, a intimidade e a propia imaxe.

Este informe é coincidinte co emitido días atrás sobre o mesmo caso polo Consello do Audiovisual de Andalucía e o CAC dirixiuno ó Ministerio de Industria por se tratar de canles de ámbito estatal que escapan ó control do organismo regulador catalán.

En declaracións á prensa, portavoces deste Ministerio alegaron que as súas competencias só se refiren ós menores como espectadores e que as denuncias do CAC deben ser atendidas pola fiscalía.

Mentres tanto, o Goberno segue dilatando o seu compromiso dun consello do audiovisual de ámbito estatal con competencias para sancionar e deter estes abusos e violacións das televisións.

FeSP