Venres, 30 de xullo de 2010 | 10:23

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Dosieres

O ENTE AUTONÓMICO

Un novo modelo para os medios públicos galegos

[27/09/2006] Unha das primeiras xornadas organizadas polo CPXG foi a referida á creación e posta en marcha dun novo modelo de funcionamento, xestión e financiamento dos medios públicos.

Cartel do congreso

Cartel do congreso

O CPXG celebraba, o 22 de xaneiro de 2005, unha xornada de propostas e debate para Un novo modelo de medios públicos galegos. Na xornada participaron representantes de diferentes entidades do ámbito da comunicación en Galicia para tratar temas coma o modelo e os principios a seguir, os contidos da programación, a lingua, o audiovisual, o marco xurídico, o finanzamento e a xestión, ou a tecnoloxía, e estableceuse un debate a modo de reflexión sobre o derroteiro que deberían seguir os medios públicos galegos.

O resultado son unha serie de documentos que se inclúen a continuación e que serven de proposta por parte do Colexio de Xornalistas. Ademais, pódense consultar os textos presentados na xornada por diferentes profesionais e expertos nas diferentes áreas tratadas. Escoitáronse experiencias foráneas, coa intervención de Ramón Zallo expoñendo a experiencia da televisión pública vasca, e con Francesc Codina, presidente do Consell de l'Audiovisual de Catalunya. Entre os ponentes atopáronse Manuel Gómez, Enrique Castelló, Xaime Fandiño, Xabier Alcalá ou Fernando Pardo.