Luns, 06 de setembro de 2010 | 20:18

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Novas

CONCLUSION DA II XORNADA DE XORNALISTAS DE MEDIOS PARA A INMIGRACIÓN, DO SPC

Os medios de comunicación deben adherirse ao Pacto catalán para a Inmigración

[21/07/2010] A ausencia de xornalistas de orixe estranxeira nos medios de comunicación xeneralistas non pode seguir sendo ignorada. Esta foi unha das conclusións principais da II Xornada de Xornalistas de Medios para a Inmigración, organizada polo Sindicat de Periodistes de Catalunya (SPC) no Espai Francesca Bonnemaison de Barcelona e na que participaron máis de 60 xornalistas, entre eles relatores vindos de Madrid e de Roma.

Mònica Terribas

Mònica Terribas

Con respecto aos debates, a directora de TV3, Mònica Terribas, pronunciouse contra as cotas á hora de incorporar xornalistas e presentadores en Televisión de Catalunya, e engadiu que era máis importante formar aos profesionais do persoal na diversidade. Outras intervencións precisaron que era posible incorporar informadores de orixe estranxeira, e que isto axudaría a visibilizar a normalidade que se quere transmitir á sociedade.

Pola súa banda, Dardo Gómez, secretario xeral da Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), afirmou que as cotas poderían ser positivas segundo como se apliquen. A discusión xurdiu a partir dunha realidade contrastada: só dous de cada dez comunicadores de orixe estranxeira que exercen a profesión en Catalunya tiveron acceso aos medios de comunicación xeneralistas. A gran maioría quedan relegados a traballar en medios especializados para inmigrantes.

Gustavo Franco, secretario de Medios para a Inmigración do SPC, manifestou que logo de dous anos e medio da firma do Pacto catalán para a Inmigración, que a maioría de partidos políticos asinaron en decembro de 2008, ningún medio de comunicación adheriuse a el. Franco recordou que o Pacto, que tamén foi subscrito polo SPC, defende que é necesario fomentar a presenza dos novos cataláns e catalás nos medios de comunicación.

SPC-FeSP