Luns, 06 de setembro de 2010 | 21:04

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Novas

CON TEXTOS, ENTREVISTAS, ARTIGOS E DOCUMENTOS

Lanzan un portal sobre cambio climático para xornalistas

[26/07/2010] A Axencia de Noticias dos Dereitos da Infancia (ANDI) lanzou a versión en español do portal Cambio Climático, un sitio con recursos para xornalistas que cubran informacións relacionadas con este asunto.

Imaxe do portal

Imaxe do portal

A páxina www.cambioclimatico.redandi.org contén textos, entrevistas, artigos, un glosario e unha biblioteca multimedia con máis de 300 documentos que abordan diversos asuntos relacionados co cambio climático. Moitos deles están tamén relacionados cos debates que se realizarán na Conferencia de Cambio Climático COP 16, que se realizará en novembro en México.

Entre os temas dispoñibles atópanse o histórico das negociacións, a relación entre o cambio climático e desenvolvemento, a ciencia do clima, as políticas públicas ambientais nacionais, a responsabilidade do sector produtivo e o papel da sociedade civil, entre outros.

A rede ANDI é unha iniciativa conxunta de organizacións non gobernamentais comprometidas coa promoción dos dereitos dos nenos e adolescentes, cuxa tarefa é "apoiar a consolidación dunha cultura xornalística que fortaleza a visibilidade pública das temáticas prioritarias para estes segmentos poboacionais".

INFOPERIODISTAS