Venres, 10 de setembro de 2010 | 10:49
Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano
Director: Luís Álvarez Pousa
Profesor de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, e xornalista. Membro da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e do grupo de investigación CIDACOM (Cidadanía e Comunicación) da USC.
O Observatorio Galego dos Medios (OM) pretende contribuír a darlle poder á cidadanía para analisar e cuestionar os medios de comunicación, e loitar por un xornalismo ético no ámbito local, nacional e internacional, mediante unha estrutura participativa axeitada ás condicións de Galicia e ao desenvolvemento da súa sociedade civil.
Vencellado coa rede mundial Media Watch Global, o Observatorio contempla na súa estrutura a existencia dun Consello Consultivo integrado por nove persoas, un equipo tácnico e distintas comisións baixo as premisas de investigación, información e intervención. Integra e dilúe na súa estrutura o que fora Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías (OXNT) do CPXG.