Venres, 10 de setembro de 2010 | 10:47

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Foros internacionais

Coa intención de actuar profundizando na análise das ligazóns que existen entre os/as xornalistas, a cidadanía e a comunidade universitaria constituíuse o Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social. Unha entidade encargada da organización de foros, entre os anos 2006 e 2007, sobre xénero, persoas discapacitadas, etc. e outros aspectos que afectan ao tecido social. Cada foro constará de dúas partes independentes: un encontro virtual no que se debatiran textos na rede e unha xornada presencial para a elaboración de conclusións.

Foros pasados

Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero

Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero

Encontro virtual: 9 outubro | 24 novembro 2006
Encontro presencial: 25 de novembro en Pontevedra (no Pazo da Cultura)
Evitar os prexuízos do patriarcado, que causan a invisibilización e o silenzo sobre a condición feminina ademais de contribuír ao mantemento das discriminacións por causa de xénero é obxetivo primordial.


Foro Internacional sobre Comunicación e Discapacidades

Foro Internacional sobre Comunicación e Discapacidades

Encontro virtual: 6 novembro | 16 decembro 2006
Encontro presencial: 16 de decembro na Coruña
En Galicia hai case 300.000 persoas que padecen algún tipo de discapacidade e garantir a súa presenza nos medios de comunicación é un labor que éstes deben levar a cabo. A información para eles e para os seus/súas familiares e amigos é un dereito que cómpre cubrir.


Foro Internacional sobre Comunicación e Xuventude

Foro Internacional sobre Comunicación e Xuventude

Encontro virtual: 15 xaneiro | 22 febreiro 2007
Encontro presencial: 22 de febreiro en Lugo
A atención á infancia e á xuventude é un tema recurrente en calquera evento que trate os contidos dos medios de comunicación e que saíu á luz ao tratar o novo modelo de medios públicos galegos. Dende o observatorio é prioritario abordar esta cuestión.


Foro Internacional sobre Comunicación e Persoas Maiores

Foro Internacional sobre Comunicación e Persoas Maiores

Encontro virtual: 12 febreiro | 14 abril 2007
Encontro presencial: 14 de abril en Ourense
A pesar do comprobado avellentamento da poboación europea a presenza das persoas maiores nos medios e dos contidos que lles poden interesar segue a ser baixa. Por esta razón constitúen un colectivo sobre o que o Observatorio quere chamar á atención.


Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado

Foro Internacional sobre Comunicación e Voluntariado

Encontro virtual: 1 febreiro | 15 marzo 2008
Encontro presencial: 15 de marzo en Santiago de Compostela (na Fundación Caixa Galicia)
O aumento do interese polo traballo voluntario en toda a sociedade exixe mudanzas no comportamento dos medios de comunicación, que teñen que adaptarse a un fenómeno con tanta importancia recente. O Observatorio dos Medios quere dar resposta a varios dos interrogantes xurdidos polo agromar do voluntariado.


Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

Foro Internacional sobre Comunicación e Minorías Étnicas

Encontro virtual: 17 marzo | 26 abril 2008
Encontro presencial: 26 de abril en Vigo (na Fundación Caixa Galicia)
Os medios deben loitar, como formadores da opinión pública cun sentido ético, por dar un tratamento xusto e adecuado a todos os grupos étnicos que conforman a sociedade, sen caer en redaccións que utilicen a etnia como un elemento máis para marxinar as minorías, e escribindo tamén para elas propias.