Luns, 06 de setembro de 2010 | 21:09

Colexio de xornalistas | Mapa Web | Contacto |RSS | English | Castellano

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Observatorio Galego dos Medios de Comunicación




Novas

ORGANIZADA POR AMNISTÍA INTERNACIONAL O XOVES 25 ÁS

Belén Puñal participa na mesa redonda ''Non máis violencia contra as mulleres''

[17/03/2010] Amnistía Internacional organiza unha mesa redonda co título Non máis violencia contra as mulleres para o xoves 25 de marzo ás 19,30 horas na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. A xornada conta coa participación de Belén Puñal, do CPXG.

Na xornada de intercambio de experiencias, para compartir os traballos que desde o campo da Administración Pública, do asociacionismo, do traballo social e do xornalismo e a comunicación se están a facer, va participar polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Belén Puñal Rama vogal responsábel da muller.

Ademais, tamén participarán Belén Liste Lázara, subdirectora xeral para o tratamento da violencia de xénero da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia; Pilar Sanmartín Ferrer, educadora social no Centro da Muller Vagalume; Esther Basanta Regodesebes, Coordinadora para Galicia da Fundación Mulleres e Paula Goberna Prieto de Amnistía Internacional.

Os actos complétanse con diversas ciberaccións que tamén se desenvolverán na Biblioteca Ánxel Casal desde as 16:30.

Amnistía Internacional organiza estes actos dentro das campaña internacional iniciada en marzo de 2004 denunciando a violencia contra ás mulleres. O obxectivo é pór de relevo a gravidade e a dimensión universal do problema, e conseguir que os Estados asuman a súa responsabilidade ante estas violacións de dereitos humanos que non teñen escusa.